cartel XXXII Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 20 de novembro do 2022

25 anos sen Tete Montoliu (Ignasi Terraza | Horacio Fumero | Aldo Caviglia | Carme Canela. Artista convidado: Chano Domínguez)

Organiza: Concello de Lugo - Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Venres 11 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 1906¡ENTRADAS ESGOTADAS!....Entrada de balde. Era preciso recollela na caseta do Festival, xa que a cabida é limitada, no mesmo horario de venda de entradas.

Este ano cúmprense vinte e cinco en ausencia da figura máis importante e recoñecida internacionalmente que deu o jazz en territorio español, o pianista Tete Montoliu (1934-1997). Para recorda-lo músico, que deixou pegada como ningún outro, e a súa obra, o pianista máis destacado da nosa escena, o barcelonés Ignasi Terraza, presenta, acompañado de músicos afíns á identidade e traxectoria do grande Tete, unha posta en escena mediante a cal se lle rende homenaxe. Corrobora a afirmación o feito de participa-lo contrabaixista Horacio Fumero, quen fora base do acompañamento rítmico de Montoliu durante os últimos vinte años da súa carreira. Completan formación dous artistas do talle e experiencia de Carme Canela na voz e Aldo Caviglia á batería. Para esta ocasión contarán co pianista gaditano Chano Domínguez como artista invitado. O repertorio vertébrase a partir dunha lectura renovada das pezas que adoitaba interpreta-lo propio Tete nos seus concertos e que van desde temas da súa autoría ata composicións dos seus músicos predilectos como Thelonious Monk, Dexter Gordon e Duke Ellington, sen esquece-la inclinación que sentía o músico catalán polo cancioneiro do seu admirado amigo Joan Manuel Serrat e por xéneros como o bolero.

  • Ignasi Terraza: piano
  • Horacio Fumero: contrabaixo
  • Aldo Caviglia: batería
  • Carme Canela: voz

Artista convidado:

  • Chano Domínguez: piano

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL