XXVI Festival de Jazz de Lugo

2M

Venres 18 de Novembro
23:30 H
Club Clavicémbalo10.00 € (2M + Raynald Colom Quartet)
  • Pablo Sax F. Sinde: saxofón alto, soprano, frautas de bambú + electrónica
  • L.A.R Legido: batería, xoguetes, obxectos sonoros

2M… Musiconautas libres que crean improvisan a partir da realidade cotiá, facendo da circunstancia e mailo azar unha oportunidade única e irrepetible en linguaxe universal. No ronsel da gravación que John Coltrane fixo a dúo con Rashied Ali (Interestellar Space) o 22 de febreiro do 1967, 2M procura explorar novos vieiros espirituais e de expresión. Naceu na primavera do 2003 e colaborou desde aquela en espectáculos de danza (Beatriz Fuentes) e obras de cinema (A pedra do lobo de Alberte Pagán) entre outras artes. Neste 2016, o propio dúo editou un CD, Biglosa, gravado en directo no Cercano de Ourense. En agosto gravou en estudio, para o selo sueco Nosordo, un novo disco, Ostron, que se encontra na etapa de mesturas.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL