XXXI Festival de Jazz de Lugo, do 5 o 21 de novembro do 2021

Abe Rábade Trío

Sábado 13 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190615.00 €

Abe Rábade Trío

Tras doce álbums como líder, Abe Rábade presenta o seu novo disco en trío, Sorte, que forman doce composicións orixinais interpretadas por Abe ao piano, e pola sección rítmica habitual, Pablo Martín Caminero e Bruno Pedroso ao contrabaixo e á batería respectivamente. Dada a suxestiva idea da Sorte en si, poder e forza, grupo de elementos que emerxen do azar e modifican o curso das cousas, cada peza do compacto representa un estado de ánimo ou unha fonte magnética de inspiración. O abano estético do material vai da música clásica ao blues e pasa pola influencia da música tradicional de Galiza. Nin a experimentación tímbrica de vangarda nin, por suposto, os elementos interactivos e espontáneos tan propios do jazz se esquecen tampouco

  • Abe Rábade, piano
  • Pablo Martín Caminero, contrabaixo
  • Bruno Pedroso, batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL