XXX Festival de Jazz de Lugo, do 1 o 15 de novembro do 2020

Adiada a Festa do jazz galego para o 27 de setembro

Gran Jam Session celebrando os 100 anos do nacemento de Charlie Parker -
Domingo 27 de Setembro
12:30 H
Praza de Santa María

**

ADIADA

A maior jam session de jazz da historia de España, prevista para este vindeiro domingo en Lugo, queda adiada até o vindiero 27 de setembro, por mor das novas medidas de prevención contra o COVID-19.


A dirección da jam session prevista para este vindeiro domingo 30 de agosto en Lugo, que reunirá á máis de 150 artistas galegos en torno á figura do inesquecible Charlie Parker, decidíu esta tarde ADIAR A CONVOCATORIA, QUE QUEDA FIXADA NO VINDEIRO 27 DE SETEMBRO.

As situación sanitaria na área de Lugo, que levou á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a propor novas medidas preventivas para garantir á seguridade da cidadania, fai recomendable suspender temporalmente a cita, por responsabilidade para co público e cos propios artistas implicados.

A cita queda fixada para o vindeiro DOMINGO 27 DE SETEMBRO


Emisión en Streaming: https://www.facebook.com/JazzLugo

A MÁIS GRANDE JAM SESSION DA HISTORIA PODERÁ VERSE DESDE O PAZO EPISCOPAL DE LUGO EN TODO O MUNDO EN STREAMING

O concerto, que terá lugar este domingo 30 de agosto, poderá verse a través do Facebook do Festival de Jazz de Lugo durante as súas máis de catro horas de duración.

A convocatoria, que conta co financiamento da Xunta de Galicia a través do Xacobeo21, coincide co 30 aniversario do Festival de Jazz de Lugo.

O acto contará con todas as medidas de seguridade e salubridade para garantir o bo desenvolvemento do mesmo

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL