XXIX Festival de Jazz de Lugo, do 9 ao 16 de novembro do 2019

Airelle Besson Quartet

Luns 11 de Novembro
21:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €

Airelle Besson Quartet

  • Airelle Besson: trompeta
  • Isabel Sörling: voz
  • Benjamin Moussay: piano e teclados
  • Fabrice Moreau: batería

Airelle Besson, unha das figuras máis importantes da escena francesa e europea da actualidade, foi galardoada en dúas ocasións en concepto de mellor músico francés do ano pola academia Django Reinhardt e de revelación de jazz do ano na cerimonia dos premios franceses Les Victoires du Jazz. No festival Jazz Sous Les Pommiers 2015 presentou o seu novo grupo, un cuarteto coa cantante sueca Isabel Sörling, Benjamin Moussay no piano, Rhodes, baixo e sintetizador e Fabrice Moreau á batería. O seu álbum Radio One saíu á rúa en maio do 2016 co selo Naïve, tralo lanzamento a formación ofreceu concertos polo mundo enteiro, incluída Francia e comezando por ela. Airelle posúe un historial impresionante. Formouse con Wynton Marsalis, Pierre Gillet e Kato Havas (discípulo de Yehudi Menuhin) en Oxford, graduouse no Conservatoire National Supérieur de Musique de París. Trompetista e compositora de múltiples talentos, brilla na escena europea con luz independente e comparte escenario con grandes figuras mundiais: Charlie Haden e Carla Bley, Michel Portal, Youn Sun Nah, Manu Katché, Philip Catherine, Billy Hart, Rhoda Scott, Daniel Humair, Baptiste Trotignon, Henri Texier, Tom Harrell, Avishai Cohen, Greg Hutchinson, José James...

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL