XXVIII Festival de Jazz de Lugo

Albert Cirera y els Tres Tambors

concerto AIEnRUTa-JAZZ
Venres 16 de Novembro
23:55 H
Club Clavicémbalo10 € (Os dous concertos)

Trala boa acollida do seu primeiro disco Els Encants (FSNT, 2012) Albert Cirera & Tres Tambors presenta o segundo, Suite Salada (UnderPool, 2017). Este traballo avanza en liberdade e profundidade sen abandona-lo lirismo ao que Cirera nos avezara. Non se esqueza a súa traxectoria no mundo da improvisación libre (Duot, Liquid Trío, Free Art Ensemble...). En Suite Salada apréciase a conexión entre Marco Mezquida, Marko Lohikari, Oscar Doménech e o propio Albert Cirera que enlazan durante cincuenta minutos paisaxes sonoras, melodías, interludios e improvisacións cheas de forza e carácter; provocadoras de sorpresa. Os artistas xogan coa música proposta por Albert Cirera como catro nenos gozando nunha praia menorquina. Menorca é a illa que inspira a Cirera esta obra que tiña en mente facer hai anos.

Albert Cirera: saxo

Joan Monné: piano

Óscar Doménech: batería

Marco Lohikari: contrabaixo

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL