XXVII Festival de Jazz de Lugo

Alejandro Vargas Trío

Xoves 16 de Novembro
23:45 H
Club Clavicémbalo5.00 €

Formación integrada por Alejandro Vargas (piano), Jose Manuel Díaz (contrabaixo) e L.A.R Legido (batería). Conta cunha traxectoria de seis anos de creación colectiva e abarca linguaxes desde a música contemporánea ata o jazz e a música afrocubana. Os compoñentes integraron relevantes agrupacións, dirixidas por Alejandro Vargas, que puxeron en escena como dúo, trío, cuarteto, quinteto e ata octeto diversas ideas procedentes de traballo de cámara e das que resultaron discos como Miniaturas de Eugenio Granell que gañou o Premio Especial nos Cubadisco, distinción que lograran artistas do talle da lendaria cantante Omara Portuondo. Na actualidade, como trío, están gravando un novo disco que promete unha visión moi persoal e xenuína do jazz contemporáneo.

  • Alejandro Vargas: piano
  • L.A.R Legido: batería
  • José Manuel Díaz: contrabaixo

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL