XXVI Festival de Jazz de Lugo

Alfredo García Quintet

Luns 14 de Novembro
23:30 H
Club Clavicémbalo5.00 €

A formación presente é unha evolución da anterior, Alfredo García Quartet, que recolleu éxitos nos festivais de jazz galegos e galardóns como o primeiro premio do Concurso de Maquetas Jazz Fusión, organizado pola FNAC, no xurado do cal se encontraban Paquito D'Rivera e Juan Claudio Cifuentes. A demo referida converteuse finalmente no disco Riding into a New Path. Na actualidade, Alfredo García está inmerso na produción, xa en fase de mesturas, do seu segundo álbum como líder: Blue Line. Este traballo, ao igual que o primeiro, está fundamentado en temas orixinais a excepción dun par de versións con innovadores arranxos acordes coa estética musical da formación. A música do grupo, enraizada no jazz, aproveita o mellor doutros xéneros (funk, rock e world music).

  • Alfredo García: composición, guitarra eléctrica
  • Bruno Couceiro: batería
  • Jose García: saxo tenor, soprano
  • Pablo Pérez: contrabaixo
  • Iago Mouriño: piano

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL