XXVII Festival de Jazz de Lugo

Allison Miller "Boom Tic Boom"

with Myra Melford, Ben Goldberg, Kirk Knuffke, Thommy Andersson & Charlie Burnham
Xoves 16 de Novembro
21:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190610.00 €

Batería de gran sensibilidade melódica e compositora de gran talento cunha linguaxe libre e flexible, Allison Miller é unha das máis prominentes figuras da escena neoiorquina da última década.

Ao tempo dunha intensa actividade en calidade de colaboradora de prestixiosos músicos contemporáneos como Ani DiFranco, Natalie Merchant, Ben Goldberg e Marty Ehrlich, Miller presenta un destacado currículo de líder, sobre todo no contexto do grupo Boom Tic Boom. A estrea discográfica de Boom Tic Boom prodúcese mediante o álbum homónimo editado no 2010 e composto case exclusivamente por obras orixinais de Allison Miller. O seu segundo rexistro, no que se advirte unha maior ambición orquestral, sería No Morphine, No Lilies, do 2013, coa formación inicial e que engadía a participación de músicos notables como o trompetista Steve Bernstein e o violonchelista Erik Friedlander. No 2016 edita Otis Was a Polar Bear, que constituirá o foco principal de atención do concerto que o grupo protagonizará no Festival, no cal Allison Miller se presentará acompañada da pianista Myra Melford, do contrabaixista Thommy Andersson, do violinista Charles Burnham e dos membros máis recentes da banda: o corneta Kirk Knuffke e o clarinete Ben Goldberg, dous dos máis extraordinarios instrumentistas do jazz actual. Desta formación cabe agardar unha música vital e latexante na que as composicións de Miller e a improvisación conflúen harmoniosamente e desafían os límites das convencións modernas sobre o que é e o que pode se-lo jazz hoxe, no inestable territorio da actualidade.

  • Allison Miller: batería
  • Myra Melford: piano
  • Thommy Andersson: contrabaixo
  • Charlie Burnham: violín
  • Kirk Knuffke: corneta
  • Ben Goldberg: clarinete

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL