cartel XXXIII Festival de Jazz de Lugo, do 3 ó 19 de novembro do 2023

Amoeba Split

Venres 10 de Novembro
23:30 H
Club Clavicémbalo

Máis de vinte anos de traxectoria. Aplaudida por expertos internacionais en múltiples ocasións ao ser considerada unha das mellores formacións de jazz rock progresivo de Europa, premiada, ademais, pola crítica especializada. Actuou no prestixioso Finisterrae Prog Festival e foi seleccionada para participar no Festival de Jazz de Montreux 2020 entre outros. En abril do 2023 edita o seu terceiro disco, Quiet Euphoria, que logrou situarse durante tres meses seguidos no número 1 de tódolos editados no mundo segundo Progarchives. O devandito traballo alcanzou o segundo posto na lista dos douscentos cincuenta mellores discos de estudio editados nos últimos vinte e cinco anos do rock progresivo internacional.

  • Fernando Lamas Pérez: batería e outros instrumentos de percusión
  • Ricardo Castro Varela: órgano Hammond, mellotron, moog, piano
  • Alberto Villarroya López: baixo, voz, guitarras.
  • Pablo Añón: saxo alto
  • Eduardo Dubi Baamonde: saxo tenor e frauta
  • Rubén Salvador: trompeta , flugelhorn
  • Iago Mouriño: órgano Hammond, moog, piano

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL