cartel XXXII Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 20 de novembro do 2022

Baptiste Bailly Trío

AIEnRUTa-Jazz
Luns 14 de Novembro
20:00 H
Casa do Saber USCEntrada libre ata completar a cabida

Baptiste Bailly Trio

Baptiste Bailly naceu no 1992 en Montbrison (Francia). Comezou a estudar piano ós dezaseis anos, como autodidacta ó principio e máis adiante en distintos conservatorios (Saint-Étienne, Dijon, ESMUC de Barcelona entre 2010 e 2016). Aprendeu con Albert Bover, Eric Moulin, Remi Ploton e tamén de Aaron Parks e Yonathan Avishai que lle deron una visión libre e aberta da música. A partir do 2016 intégrase na escena española e en varias formacións; toca, canta, arranxa e compón. Aplicando a percusión e contrabaixo unha alquimia sutil, Baptiste Bailly obtén no seu trío unha combinación milagrosa de impresionismo francés, jazz e world music.

  • Baptiste Bailly: piano
  • Alessandro Cesarini: contrabaixo
  • David Gadea: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL