cartel XXXII Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 20 de novembro do 2022

Billy Cobham Band

Xoves 17 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190615.00 €

Billy Cobham Band

Billy Cobham é un dos baterías que máis influíu na forma de tocar este instrumento desde os anos setenta. Enriqueceu a técnica da batería jazz, trasladouna con enerxía ó campo do jazz rock e transformouse nun modelo para moitos baterías de ambos xéneros. No 1969 Cobham foi cofundador do combo de jazz rock Dreams, que incluía a Randy Brecker, Michael Brecker, Horace Silver, George Benson, John Abercrombie, Don Grolnick e Will Lee. Ó ano seguinte, uníase ó novo grupo de Miles Davis en compañía do cal gravaba catro discos, contribuíndo ás sesións Live Evil, A Tribute to Jack Johnson e Bitches Brew. Na última colaboraba co guitarrista John McLaughlin, xunto con quen, no 1971, Cobham funda a Mahavishnu Orchesta e lanza tres álbums celebrados pola crítica: The Inner Mounting (1971), Birds of Fire (1973) e Between Nothingness and Eternity (1973). No 1973 saía o seu primeiro álbum como líder, Spectrum, gran avance no jazz fusión e universalmente considerado creación das máis significativas e influentes do xénero. No 1974 disolveuse a Mahavishnu Orchestra en canto formación orixinal. Cobham continuou producindo material de fusión innovador e durante os anos setenta e oitenta gravou para Atlantic, CBS, Elektra e GRP. Colaborou con George Duke, John Scofield, Tony Williams, Jack Bruce e a banda derivada de The Grateful Dead, Bobby & the Midnites. No 1992 foi designado por Unicef para traballar con pacientes ambulatorios autistas e nenos da rúa en Santos, Brasil, nun proxecto musical de varios anos de duración. Desde entón a súa actividade non cesou; edita decenas de gravacións ó seu nome e traballa con infinidade de artistas —Chick Corea, Santana, Peter Gabriel, Fania All-Stars, Quincy Jones, James Brown, Gil Evans, Mose Allison, Stanley Clarke…— ó mesmo tempo que percorre o mundo coa súa banda. Excepcionalmente solicitado e propicio a tomar parte na historia do jazz, deu á luz corenta e tres discos como solista e catro coa Mahavisnhu Orchestra, así mesmo, participou en sesenta e dous. Suma un total de cento nove gravacións e segue, e segue...

Por primeira vez en Galicia, nun só concerto… Un mito, unha lenda, un dos baterías vivos máis famosos do globo Terra.

  • Billy Cobham: batería
  • Emilio García: guitarra
  • Victor Cisternas: baixo
  • Jorge Vera Stone: teclados
  • Steve Hamilton: teclados

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL