XXVI Festival de Jazz de Lugo

Bruce Barth Trio & Jean Toussaint

Xoves 17 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190610.00 €
  • Bruce Barth: piano
  • Jean Toussaint: saxo
  • Michael Coady : contrabaixo
  • Stephen Keogh: batería

Bruce Barth é un dos grandes pianistas do jazz das últimas décadas. Xurdido nos oitenta da escena neoiorquina, asociouse co saxofonista tenor Stanley Turrentine durante unha década trala cal colaborou con Nat Adderley, co quinteto de Vincent Herring e con Dave Douglas. No 1990 enrolouse no quinteto de Terence Blanchard. Desde entón tocou, gravou e foi de xira por todo o mundo xunto coas figuras máis importantes: Tony Bennett, Steve Wilson, Luciana Souza, Phil Woods, Freddie Hubbard, Tom Harrell, Branford Marsalis, Wynton Marsalis, John Patitucci, Mingus Big Band, etc., etc. Distinguido en varias ocasións pola crítica de The New York Times coa consideración de mellor pianista do ano, ten visitado e triunfado en festivais de tódolos continentes e igualmente destacou como produtor e pedagogo. De feito, desenvolve unha ampla actividade docente nos máis prestixiosos centros de ensinanza de jazz como o Berklee College. É, en definitiva, o que poderiamos definir como un músico completo cun talento extraordinario.

Jean Toussaint

Nacido no Caribe, medrou na illa de Saint Thomas e comezou a toca-lo saxofón na Charlotte Amalie High School baixo a tutela musical de Charles Cox, quen colleu especial interese no talentoso mozo. Toussaint deixou Art Blakey Jazz Messengers a mediados dos oitenta e fíxoo sen mirar atrás. Chegou a Londres no 1987 e aínda utiliza a capital como base. Unha vez alí, fundou e dirixiu bandas propias e colaborou en alleas, editou dez CD en calidade de líder e apareceu como invitado en moitos outros. Toussaint é a miúdo convidado a xiras cos músicos estadounidenses que visitan Europa e estivo cos pianistas Cedar Walton e Donald Brown así como co trompeta Eddie Henderson. Participou no North Sea Jazz Festival de Holanda, no Montreux Jazz Festival de Suíza, nos festivais de Clermont-Ferrand, Vienne, Toulouse e París en Francia, no Bologna Jazz Festival de Italia, no JazzFest Berlin en Alemaña, nos festivais de Cork, Dublin and Sligo en Irlanda e no Festival de Jazz de San Sebastián. O CD Live in Paris and London foi merecente de moi boas críticas por parte de John Fordham no xornal The Guardian e de Selwyn Harris na revista Jazzwise.No 2014 saíu á venda un novo disco, Tate Song, gravado en estudio co seu cuarteto.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL