XXVI Festival de Jazz de Lugo

Buxeiro Trío

Premio SGAE Galicia Creativa 2015
Martes 15 de Novembro
23:30 H
Club Clavicémbalo5.00 €

Buxeiro Trío daranos a coñece-los temas do seu primeiro disco, De buxo, gravado por Gerardo Amigo nos estudios da Fundación SGAE en Santiago de Compostela. O trío ofrece un jazz ecléctico e trepidante, caracterizado polo contraste e a dinámica, que integra diferentes tendencias e gañou o certame SGAE Galicia Creativa na súa categoría. Interpretará melodías como «Fattah», «Take your chance» e «Evocanción» entre outros temas que forman parte do seu álbum.

  • Álvaro Trillo: batería
  • Iago Mouriño: piano
  • Diego López Castro: contrabaixo

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL