cartel XXXII Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 20 de novembro do 2022

Carlos Sarduy Trio

AIEnRUTa-Jazz
Sábado 12 de Novembro
22:30 H
Club Clavicémbalo10.00 € a entrada para os 2 concertos da noite / Reservas: club@clavicembalo.com / compras: woutick.es

Carlos Sarduy Trío

Carlos Sarduy é, sen dúbida, un dos músicos máis activos e poliédricos da escena actual; un espectacular pianista, trompeta, percusionista e compositor. Coñecido e admirado, requírese a súa presenza non só no panorama jazz, tamén no flamenco, a música popular cubana e a música moderna. Gabado por calidade de son, excelso entendemento da melodía e incrible versatilidade, colaborou con grandes artistas como Chucho Valdés, Bebo Valdés, Richard Bona, Steve Coleman, David Murray, Esperanza Spalding, Buika, Ainhoa Arteta, Mariza e Ojos de Brujo entre moitos outros. Á idade de dezanove anos rexistra o seu primeiro álbum, Charly en La Habana, coa colaboración do mestre Chucho Valdés. Luz, o seu segundo disco, chegaba no 2019.

  • Carlos Sardy: trompeta e piano
  • Michael Olivera: batería
  • Yarel Hernández: contrabaixo

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL