XXVIII Festival de Jazz de Lugo

CHARLES MCPHERSON QUARTET

featuring BRUCE BARTH
Martes 13 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €

Ao último gran representante do bebop, Charles McPherson, foille encargado interpretar musicalmente a Charlie Parker na película Bird, a magnífica biografía do xenio en jazz. McPherson, ademais, traballou de asesor sobre este xénero para Clint Eastwood. McPherson creceu en Detroit, onde coñece ao renomeado pianista Barry Harris, e comezou a tocar jazz profesionalmente aos dezanove anos. Mudouse para Nova York no 1959 e formou parte das bandas de Charles Mingus de 1960 a 1972. Estivo de xira por Estados Unidos, Europa, Xapón, África e Sudamérica co propio grupo, así como cos grandes do jazz Billy Eckstine, Lionel Hampton, Nat Adderly, Charles Mingus... Gravou como líder con Prestige, Fantasy, Mainstream, Discovery, Xanadu e, recentemente, con Arabesque e Quadrant. Son o selo catalán Quadrant e mailo álbum Love Walked In os que devolven a McPherson á primeira liña da escena internacional do jazz. Stanley Crouch, crítico do New York Times, afirmaba: «É unha voz singular que xamais sacrificou a súa fluidez como creador de melodías, un mestre absolutamente respectado por músicos de tódalas xeracións». Para este concerto, McPherson rodéase dun elenco de músicos solventes capitaneado por Bruce Barth ao piano.
Bruce Barth é un dos pianistas de referencia das últimas décadas. Liderou bandas, destacou de produtor discográfico e desenvolveu un intenso labor de pedagogo. Na súa xuventude, tocou xunto con algúns dos mestres históricos do jazz. Axiña foi contratado como membro estable no quinteto do trompetista Terence Blanchard, con quen colaborou nas bandas sonoras das películas máis emblemáticas dirixidas por Spike Lee.

Charles McPherson: saxo

Bruce Barth: piano

Mark Hodgson: contrabaixo

Stephen Keogh: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL