XXX Festival de Jazz de Lugo, do 1 o 15 de novembro do 2020

Clarence Bekker Band

Sábado 14 de Novembro
18:00 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €
  • Clarence Bekker: voz
  • Arecio Smith: teclados
  • Francisco Guisado Rubio: guitarra
  • Charlie Cuevas: baixo
  • Carlos López: batería
  • Leo Torres: trompeta
  • Roberto Albrecia: saxo alto
  • Pol Padrós: saxo tenor

Clarence Bekker, orixinario de Suriname e de nacionalidade holandesa, forma a súa propia banda no 2017 recrutando a algúns dos músicos máis solicitados da escena musical de Barcelona. Durante os tres últimos anos, a Clarence Bekker Band realizou xiras internacionais participando nalgúns dos principais festivais e clubs de Europa, Australia, Marrocos e Brasil. Na actualidade presentan o seu primeiro disco Changes, editado polo selo Jazz Activista a principios do 2020 e que xa se converteu nun dos principais lanzamentos do ano dentro do panorama da música negra. Clarence posúe o don de tocar a alma de quen o escoita. Mediante a súa voz profunda, vibrante, e un espírito cargado de enerxía, cativa calquera audiencia. Ninguén pode manterse impasible ante o seu magnetismo. A forza dos grandes mestres do soul, funk e pop como James Brown, Prince, Whitney Houston, Michael Jackson e Tina Turner está concentrada na súa figura.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL