cartel XXXII Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 20 de novembro do 2022

Cyrille Aimée

Mércores 16 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190615.00 €

Cyrille Aimée

Desde a perspectiva da artista nomeada para os Grammy Cyrille Aimée a improvisación non é só unha técnica vocal, é un xeito de vida que lle permite compartir co mundo a súa contaxiosa voz e a súa chispa creativa e que a levou, ademais, a tomar novos rumbos. Aberta ás oportunidades, pasou de cantar ante oíntes variados en rúas europeas a interpretar para os más esixentes en auditorios de prestixiosos festivais mundiais de jazz; de cantar en campamentos xitanos e ás agachadas dos seus pais —na súa Francia natal— a actuar en Broadway; de desafiar a un dos públicos máis difíciles, o do célebre Apollo Theatre de Nova York, a ser recoñecida hoxe polo Wall Street Journal como «unha das cantantes de jazz máis prometedoras da súa xeración» e aclamada como «unha estrela triunfante na galaxia dos cantantes de jazz» nas columnas do New York Times. Deste modo, gañou o famoso concurso do Festival de Jazz Vocal de Montreux no 2007 —e gravou, como premio, o seu primeiro álbum— mailo Concurso Internacional de Jazz Vocal Sarah Vaughan; así chegou a finalista do Thelonious Monk. No 2016, publica Let's Get Lost, un álbum intensamente aplaudido e que chegará ó primeiro lugar nas listas de éxitos de Estados Unidos. Stephen Sondheim, figura lendaria no dominio da música, advirte que o don de Cyrille para contar historias a través do canto podería adaptarse ó teatro musical. En consecuencia, a icona do music hall escóllea para saír a escena no New York City Center; farao xunto coa famosa actriz Bernadette Peters nunha Special Encore Presentation homenaxe ó propio Sondheim, apoiada por Wynton Marsalis e a Jazz at Lincoln Center Orchestra.

  • Cyrille Aimée: voz
  • Laurent Coulondre: piano
  • Matteo Bortone: contrabaixo
  • Yonatan Rosen: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL