XXIX Festival de Jazz de Lugo, do 9 ao 16 de novembro do 2019

Daniel Juárez Quintet

AIEnRUTa JAZZ
Venres 15 de Novembro
23:55 H
Club Clavicémbalo10 € a entrada para os dous concertos

Mentres vivía na cidade de Nova York, Daniel decide editar un segundo álbum como líder da propia banda. O influxo do ambiente artístico da gran mazá supón para o xove saxofonista un impulso e soberana inspiración que conflúen na serie de novas composicións gravada en Neuronal Odd World, título que representa os pensamentos de Daniel sobre os tempos que vivimos e sobre como se relacionan e conectan as nosas mentes e ideas neles.

  • Daniel Juárez: saxo
  • Álvaro del Valle: guitarra
  • Jorge Castañeda: piano
  • Darío Guibert: contrabaixo
  • Roberto Pistolesi: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL