XXVII Festival de Jazz de Lugo

Dave Douglas & Chet Doxas: Riverside with special guest Carla Bley

featuring Steve Swallow and Jim Doxas
Venres 17 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190610.00 €

Dave Douglas & Chet Doxas: RIVERSIDE with special guest Carla Bley

featuring Steve Swallow and Jim Doxas

  • Dave Douglas, trompeta
  • Chet Doxas, saxo
  • Carla Bley, piano
  • Steve Swallow, baixo
  • Jim Doxas, batería

Se se realizara unha enquisa para escolle-la Primeira Dama do Jazz, o máis probable é que a elección recaese sobre unha compositora e pianista de setenta e nove anos de idade cunha sorprendente xuventude e un eterno cabelo rubio: Carla Bley. Desde que lanzou os seus primeiros álbums a finais dos anos sesenta, converteuse nunha das grandes compositoras do jazz, líder dalgunhas das mellores bandas das últimas décadas (como non citar á Liberation Music Orchestra que codirixiu con Charlie Haden) e pianista de toque delicado e amplo recurso harmónico. A cabalo entre a tradición estadounidense do jazz e a música clásica europea, na delgada liña que separa o compoñer do arranxar, Carla Bley é unha figura lendaria difícil de clasificar. O seu oído compositivo, «camaleónico», foi comparado co de Charles Ives e, como arranxista, tense vencellado a Duke Ellington e Charles Mingus... Pero nin as historias da música estadounidense nin as do jazz a incluíron nas súas narracións dominantes.

Nacido dun común interese na música e a figura de Jimmy Giuffre, o Riverside Quartet é unha das numerosas formacións a través das cales o trompetista e compositor Dave Douglas transmite as visións dunha mente volcánica e en constante movemento. Para o seu segundo disco, New National Anthem, editado este verán, Douglas e o colíder do grupo, Chet Doxas —extraordinario saxofonista e clarinetista canadense—, elixiron como musa a figura de Carla Bley. Amais do batería Jim Doxas, encontramos no grupo a Steve Swalow, compañeiro de Carla Bley e baixista do histórico trío de Giuffre e Paul Bley, nunha especie de círculo virtuoso que alimenta unha serie de suxestións sonoras e históricas. Entre todos debuxan unha imaxe enraizada na música americana e no jazz na que hai cabida para a improvisación, o bluegrass, os himnos sacros e a música apalache.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL