XXXI Festival de Jazz de Lugo, do 5 o 21 de novembro do 2021

Dave Weckl & Tom Kennedy Project

featuring Bob Franceschini & Stu Mindemann
Venres 19 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190615.00 €

Dave Weckl & Tom Kennedy Project

Dave Weckl (1960) excede os trinta e cinco anos sendo unha das principais referencias musicais a nivel internacional. Considerado un dos vinte e cinco mellores baterías de tódolos tempos, o seu dinámico e variado estilo instrumental inspirou a artistas do mundo enteiro. Sería difícil encontrar un magno profesional dentro da industria musical que non contara con Dave Weckl: fixérono Michael Brecker, Michel Camilo, Simon and Garfunkel, George Benson, Diana Ross, Robert Plant, Madonna, Paquito D’Rivera, Chuck Loeb, Arturo Sandoval, Eliane Elías, Lee Ritenour, Bill Evans, Frank Gambale, Eric Marienthal, Mike Stern… Talvez fora a Elektric Band de Chick Corea a que lle deu o impulso definitivo. Aquela relación acabou en Grammy. O traballo en solitario tamén lle permitiu profundar nas súas habilidades en jazz fusión e latin jazz o que contribuíu en gran medida ao desenvolvemento da forma contemporánea de toca-la batería.

Tom Kennedy (1960), un músico consagrado, tanto de estudio como de directo, é un dos baixistas máis respectados da Terra. Xa na súa xuventude tivo a oportunidade de tocar con iconas do jazz: Freddie Hubbard, James Moody, Nat Adderly, Sonny Stitt, George Russell, Barney Kessel e Herb Ellis. Desde aquela, Tom andou de xira e gravou con Mike Stern, Lee Ritenour, Dave Grusin, Michael & Randy Brecker, Al Di Meola, Simon Phillips, Steve Gadd, Frank Gambale, Steve Lukather, David Sanborn, Jeff Lorber, Ricky Lawson, Joe Sample, Harvey Mason e incluso coa banda de fusión Planet X por mencionar algunhas colaboracións. Ao longo da súa traxectoria artística internacional, e ata a data, editou cinco discos en solitario ademais de participar nun número de gravacións superior a douscentos.

  • Dave Weckl, batería
  • Tom Kennedy, baixo eléctrico
  • Bob Franceschini , saxos
  • Stu Mindemann, teclados

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL