XXVI Festival de Jazz de Lugo

Dean Brown Band

Martes 15 de Novembro
21:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190610 €
  • Dean Brown: guitarra eléctrica
  • Gary Husband: batería
  • Linley Marthe: baixo eléctrico
  • Bernard Maseli: vibráfono electrónico
  • Mateusz Pliniewicz: violín

A música de Dean Brown desafía sempre os límites combinando rock, fusión, latin, jazz, funk... É recoñecido na escena global do jazz fusión polo seu poderoso virtuosismo rítmico na guitarra e os seus apaixonados solos melódicos. Todo aquel que puido gozar da súa música sentiuse atraído de inmediato pola enerxía que pon en todas e cada unha das súas notas.

Desde os seus comezos profesionais á idade temperá de 13 anos, Dean viaxou por todo o mundo con formacións e traballos propios e gravou con artistas lendarios do talle de Marcus Miller, Bob James, George Duke, Bill Evans, Lenny White, Roberta Flack e Steve Smith entre outros. Participou en máis de 200 gravacións, que inclúen numerosos nomeamentos aos Grammy, catro das cales foron gañadoras dos premios.

Trala súa prolífica carreira artística, a faceta de educador dirixindo Master Classes mundo arredor e 4 discos que o avalan coas colaboracións de figuras sobranceiras do panorama musical mundial, Dean Brown presenta o seu novo disco Rolajafufu que foi editado en abril do 2016.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL