Elina Duni & Rob Luft ft. Fred Thomas

Entrada gratuita en entradaslugo.es
Video: https://www.youtube.com/watch?v=YQFiS-mUiHQ&feature=emb_imp_woyt
- Elina Duni: voz
- Rob Luft: guitarra
- Fred Thomas: piano, percusión, banjo
A Elina Duni, cantante albanesa suíza que traballa co selo ECM Records desde o 2012, a súa distintiva combinación de folk tradicional albanés e jazz mereceulle ser aclamada pola crítica internacional. Para o seu novo proxecto uniuse ao guitarrista Rob Luft, unha das figuras emerxentes da escena do jazz contemporáneo londiniense. O estilo de Luft incorpora ecos africanos, folk celta e texturas minimalistas. O seu animoso son orixinal atopa na voz de Elina Duni unha compaña óptima, xuntos guiánno-la nave a través dunha música tradicional que resoa incriblemente moderna. Nesta ocasión o dúo convida ao multiinstrumentista Fred Thomas para completa-la formación con piano, percusión e banjo. A súa persoal combinación de riqueza harmónica e delicadeza engade unha cor sutil ao grupo.
14 Novembro 18:00 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL