XXVIII Festival de Jazz de Lugo

Eva Fernández Trío

concerto AIEnRUTa-JAZZ
Luns 12 de Novembro
20:00 H
Casa do Saber USCEntrada libre ata esgotar localidades

Hai uns meses que Eva Fernández traballa en unión co guitarrista Josep Munar dando existencia a composicións orixinais a partir da poesía de Alfonsina Storni, Alejandra Pizarnik e Julio Cortázar entre outros. Esta é a idea do seu vindeiro disco; un trío no que ela canta e toca o saxo soprano acompañada de guitarra eléctrica e batería. O trío resulta da busca de equilibrio que constitúe a música—melodía, harmonía, ritmo— ao concede-la mesma importancia a cada elemento. Acompañan a Eva Fernández os mallorquinos, residentes en Barcelona, Josep Munar e Enric Fuster. Xuntos procuran un son orgánico, dar protagonismo á canción sen deixa-la improvisación que senten como fogar.

Eva Fernández é promesa moza do jazz catalán que destaca como saxofonista e cantante. Pese á súa xuventude, Eva Fernández atesoura unha longa experiencia e forma parte da nova lista de destacadas voces femininas. Xa actuou con grandes figuras como Perico Sambeat, Dick Oatts, Ken Peplowski, Ignasi Terraza, Bobby Gordon, Jesse Davis, Terell Stafford, Wycliffe Gordon, Josep M. Farràs, Scott Robinson, Josep Traver, Matthew Simon, Llibert Fortuny, Carles Benavent e Jordi Bonell e colaborou con Andrea Motis & Joan Chamorro Group e a Sant Andreu Jazz Band.

Eva Fernández: voz e saxo

Josep Munar: guitarra

Enric Fuster: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL