XXVIII Festival de Jazz de Lugo

Fabrizio Bosso Special Quintet

featuring MAX IONATA
Xoves 15 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €

Fabrizio Bosso comezou a toca-la trompeta aos cinco anos. Aos quince xa se graduara no Conservatorio Giuseppe Verdi de Turín e completaba os estudos no St. Mary's College de Washington DC. No 1999 foi escollido migliore nuovo talento pola revista italiana Musica Jazz. Colaborou con grandes do jazz internacional como George Russell, Mike Gibbs, Kenny Wheeler, Dave Liebman, Bob Mintzer, Randy Brecker, Carla Bley e Steve Coleman. Foi contratado por Charlie Haden nalgunhas etapas da xira pertencente ao álbum Liberation Music. No seu país natal, onde está considerado un dos músicos actuais máis importantes, traballou con Gianni Basso, Stefano Di Battista, Salvatore Bonafede, Giovanni Mazzarino e Enrico Pieranunzi. Tocou en dúo con Rossano Sportiello (nunha homenaxe a Louis Armstrong), en trío con Franco D'Andrea e Gianluca Petrella e con varios cuartetos e quintetos propios. Así mesmo, ten gravado cun seu colega, o trompetista Flavio Boltro. Max Ionata, un dos máis grandes saxofonistas italianos do escenario jazz contemporáneo, editou máis de setenta discos con artistas nacionais e internacionais. En poucos anos, fíxose coa aprobación da crítica e do público e é moi prezado no estranxeiro, especialmente en Xapón onde goza de manifesta boa reputación. Ademais de dirixir varias formacións ás que dá nome, traballa regularmente con músicos entre os mellores. Tocou nos clubs e festivais de jazz máis relevantes do mundo e con magnos músicos como Robin Eubanks, Reuben Rogers, Clarence Penn, Lenny White, Billy Hart, Alvin Queen, Joe Locke, Steve Grossman, Mike Stern, Bob Mintzer, Hiram Bullock, Roberto Gatto, Dado Moroni, Stefano Di Battista, Enrico Pierannunzi, Ornella Vanoni e, porén, moitos outros. Gañou numerosos premios ao longo da súa carreira, como o primeiro no Concurso Nacional de Jazz Baronissi en 2000 e o Jazzit Award, 2012 e 2013, ao mellor saxofón tenor italiano en concepto de saxofonista dos que abriron fronteiras e dotaron de novos horizontes ao jazz.

Fabrizio Bosso, trompeta

Max Ionata, saxo tenor

Jesper Bodilsen, contrabaixo

Martin Andersen, batería

Antonio Zambrini, piano

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL