Federico Lechner Tango Jazz Trío + Sheila Blanco

Federico Lechner Tango-Jazz Trío + Sheila Blanco
Tango-Jazz Trío, que lidera Federico Lechner, conta quince anos de existencia, un longo percorrido por clubs e festivais de todo o planeta máis catro discos e varios programas de televisión gravados. O grupo naceu como laboratorio musical no que mestura-los mundos do jazz e o tango vertendo no tubo de ensaio tangos clásicos, standards de jazz emblemáticos e composicións orixinais nacidas do espírito mesmo da fusión. O resultado é un repertorio ilustrado cunha gama de cores innovadora que xunta os devanditos temas propios e clásicos. Engádase a estes obsequios o dunha voz capaz de debullar letras virtuosamente e de practica-la improvisación como entidade instrumental, pois a nova posta en escena trae unha solista invitada moi especial, a cantante Sheila Blanco, unha artista versátil e de enorme talento, gran presenza e amplo coñecemento de ámbolos xéneros musicais.
- Sheila Blanco, voz
- Federico Lechner, piano
- Toño Miguel, contrabaixo
- Andrés Litwin, batería
6 Novembro 23:00 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL