XXVI Festival de Jazz de Lugo

Garufa Blue Devils Big Band

Domingo 20 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190610 €

Garufa Blue Devils Big Band

Xorde a mediados do mes de outubro do 2014 ao abrigo do Garufa Club, lugar no que ten a súa sede, actuando alí regularmente de forma similar ao que facían as grandes e históricas bandas das décadas dos 30 e 40 do século pasado. Ditas bandas, lideradas por mitos do tamaño de Glenn Miller, Benny Goodman, Duke Ellington e Count Basie, actuaban en lugares lendarios como o Cotton Club de Nova York en sesións moi longas que non remataban ata o amencer. Esta big band, dirixida polo mestre Roberto Somoza (clarinete, frauta e arranxos), está formada por 17 músicos instrumentais (5 saxos, 4 trompetas, 4 trombóns, batería e outros instrumentos de percusión, piano, guitarra e contrabaixo) e 2 cantantes solistas caracterizados con vestimentas da época e os correspondentes complementos (gravatas, sombreiros, etc.). O repertorio da agrupación nútrese dos grandes clásicos do swing pero sen perder de vista achegamentos á música afrocubana da época, ao cinema e ao cabaret. Hoxe, Garufa Blue Devils Big Band xa ten publicado o seu primeiro disco, Barrel House, gravado o 26 de setembro en directo na sala Garufa Club por Pablo Barreiro e coa colaboración da Radio Galega.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL