XXVIII Festival de Jazz de Lugo

Gilad Hekselman ZUPEROCTAVE

with AARON PARKS & KENDRICK SCOTT
Venres 16 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €

O novo grupo de Gilad Hekselman, ZuperOctave, é un trío sen baixo que inclúe a Aaron Parks en sintetizadores, rhodes e piano e a Kendrick Scott en batería e pads. Ofrece un son retrofuturista, imaxinándoo como se o futuro do jazz se percibira no pasado. Hekselman e Parks encárganse da parte do baixo e, ás veces, simplemente deixan ese espazo aberto. Gilad Hekselman gañou sona de guitarrista a estimar dos máis prometedores de Nova York desde os seus comenzos no 2004. En só uns anos, este nativo israelí compartiu escenario con algúns dos mellores músicos da escena jazzística da cidade: Chris Potter, Mark Turner, John Scofield, Anat Cohen, Ari Hoenig, Esperanza Spalding, Sam Yahel, Jeff Ballard, Gretchen Parlato, Avishai Cohen, Jeff Tain Watts, Tigran Hamasyan, Aaron Parks e Greg Hutchinson.

Aaron Parks, aos quince anos, foi seleccionado para participar nos GRAMMY High School Jazz Ensembles, o que lle fixo nacer no ánimo a idea de trasladarse a Nova York e de estudar na Manhattan School of Music. Durante o último curso, comezou a ir de xira coa banda de Terence Blanchard e gravou tres álbums con el para Blue Note Records, incluído o nomeado a dous e gañador dun Grammy (2008) A Tale of God’s Will (A Requiem for Katrina) (2007). Igualmente, estivo de xira con Kurt Rosenwinkel e gravou de novo para Blue Note Records. É compoñente de James Farm, un cuarteto co saxofonista Joshua Redman, o baixista Matt Penman e o batería Eric Harland. Parks participou nas bandas sonoras de Their Eyes Were Watching God e das películas de Spike Lee, por exemplo Inside Man, She Hate Me e When the Levees Broke. Kendrick Scott, desde que se graduou por Berklee no 2002, tocou con gran variedade de artistas como Jazz Crusaders, o guitarrista Pat Metheny, os saxofonistas Joe Lovano e Kenny Garrett, as vocalistas Dianne Reeves e Lizz Wright e o trompetista Terence Blanchard. Así mesmo, foi membro de The Berklee Monterey Quartet, que actuou no lendario Monterey Jazz Festival (1999, 2000, 2002 e 2007). Tralo nacemento do seu grupo Oracle, gravou The Source (2006) xunto cos pianistas Aaron Parks e Robert Glasper, o guitarrista Lionel Loueke, a vocalista Gretchen Parlato e outros músicos. Scott tamén tocou co Terence Blanchard Quintet para o álbum A Tale of God’s Will (A Requiem for Katrina). Kendrick formou parte da banda que acompañou a Terence Blanchard a Monterey no cincuenta aniversario do Jazz Festival en 2007. É, ademais, o batería elixido para a banda Blue Note All-Stars.

Gilad Hekselman: guitarra

Aaron Parks: piano e teclados

Kendrick Scott: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL