XXVI Festival de Jazz de Lugo

Gorka Benítez Trío

Martes 15 de Novembro
20:00 H
Casa do Saber USCEntrada libre ata esgotar localidades

O saxo tenor Gorka Benítez é o mellor contador de historias do panorama jazzístico nacional e unha das voces máis persoais e sólidas tamén no ámbito internacional. Tenaz, inquieto e valente, presenta o seu último traballo discográfico a trío, Gasteiz.

Gorka Benítez dá un paso máis na propia arte, madurez creativa a base de honestidade, única na súa especie e, coma sempre, cun acentuado selo persoal. Cada unha das súas actuacións está marcada polo sutil material melódico e harmónico e, ademais, pola calmada introspección das liñas líricas. A música vai de suave a frenética, ás veces sobrepoñéndose aos dous extremos do espectro emocional.

A expresividade e a audaz dinámica do conmovedor Gorka son acompañadas á guitarra por un Dani Pérez demoledor, maxistral e brillante, sen concesións, e un David Xirgu único, sólido e propulsor, sempre capaz de engadir algo especial en cada momento.

A súa música baséase na habilidade de comunicación directa, sen cesións á modernidade, nunha fusión intelixente de éxito e nun final aberto onde cada nota ten o seu significado concreto. Esta é, sen dúbida, unha das aventuras musicais máis extraordinarias do noso firmamento jazzístico.

  • Gorka Benítez: saxo
  • Dani Pérez: guitarra
  • David Xirgu: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL