cartel XXXIII Festival de Jazz de Lugo, do 3 ó 19 de novembro do 2023

Grant Stewart & Jim Rotondi Quintet

West Coast Jazz Tribute
Xoves 16 de Novembro
22:30 H
Club Clavicémbalo

O saxofonista Grant Stewart e o trompetista Jim Rotondi son dous músicos referenciais do jazz das últimas décadas. As súas traxectorias leváronos a tocar nos escenarios máis importantes do jazz internacional e as súas obras discográficas e formacións lideradas son a mellor mostra do seu talento como músicos. Xuntos ocúpanse agora nunha banda que rende homenaxe ao jazz de estilo West Coast, unha tendencia histórica pero absolutamente vixente nos nosos días, unha maneira de facer música que propiciou unha relaxación das vertixes do bebop neoiorquino. Acompañados por unha sección rítmica de luxo, estes dous mestres conducirannos a unha viaxe polos sons dun estilo do que un día se dixo que renunciaba «a algún dos achados do bebop, especialmente na pulsión do ritmo e na forma de aborda-los arranxos». Grant Stewart destaca por regalar un estilo baseado no hard bop que non deixa de lado un acentuado lirismo e unha moi persoal concepción do swing. Rotondi, pola súa parte, é un enorme coñecedor da función da trompeta no contexto do jazz moderno e un músico afeito a manexarse con soltura en proxectos diversos. Ambos forman unha asociación con tódalas garantías de ofrece-los mellores resultados artísticos.

  • Grant Stewart: saxo tenor
  • Jim Rotondi: trompeta
  • Fabio Miano: piano
  • Ignasi González: contrabaixo
  • Jo Krausse: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL