XXVII Festival de Jazz de Lugo

GUILLERMO McGILL QUARTET

AIEnRUTA JAZZ 2017
Xoves 16 de Novembro
20:00 H
Casa do Saber USCEntrada libre ata esgotar localidades

Guillermo McGuill, percusionista nacido en Montevideo no 1965, vive en Barcelona desde os doce anos de idade. Comezou tocando coa banda do Taller de Músics de Barcelona cando aínda era un adolescente, época na que obtivo tres veces seguidas o primeiro premio no Concurso Nacional de Jazz para Jóvenes Intérpretes. Tocou con músicos de jazz internacionais entre os que destacan Kenny Wheeler, Tete Montoliu, Wallace Roney, Wynton Marsalis, Barry Harris, John Abercrombie, David Binney, Gonzalo Rubalcaba, Paolo Fresu, Dave Liebman, Perico Sambeat e Joe Pass. A maior proxección, non obstante, conseguina en grupos e xunto con artistas de fusión flamenca, especialmente trala colaboración con Chano Domínguez, co que gravou varios discos. Colaborou con cantadores de flamenco como Enrique Morente, Esperanza Fernández e Ana Salazar, á que produciu un disco no 2003, e con músicos de fusión flamenca como Juan Manuel Cañizares, Carles Benavent e Jorge Pardo. En calidade de líder, editou cinco álbums: Los sueños y el tiempo (1999), Cielo (2002), Oración (2005), Tan cerca (2008) e The Art of Respect (2013), este último na compaña de Dave Liebman, John Abercrombie e George Mraz.

  • Dani Juárez: saxo tenor
  • Daniel García: piano
  • Reinier Elizarde: contrabaixo
  • Guillermo McGill: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL