Henri Texier Quintet

HENRI TEXIER CHANCE QUINTET
Henri Texier é todo un ídolo do jazz francés das últimas cinco décadas. A súa carreira é unha das máis emblemáticas e ricas dos músicos de jazz europeos. Símbolo dunha xeración desinhibida e ávida de experimentación, o contrabaixista e compositor foi o catalizador inesgotable de multitude de aventuras musicais, desempeñando un papel decisivo nas mesmas pola súa capacidade para unir enerxías creativas e anima-las novas xeracións de músicos europeos. A finais dos anos sesenta xa era figura habitual no circuíto de clubs parisienses, onde tocaba con Bud Powell, Donald Byrd, Dexter Gordon e Chet Baker. É, a maiores, uno dos escasos músicos franceses que colaboraron con gran número de artistas estadounidenses non menos importantes: Joe Lovano, John Scofield, John Abercrombie, Bill Frisell, Steve Swalow, Kenny Wheeler, Randy Weston, Phil Woods, Lee Konitz... O mestre Texier ofreceunos tantas experiencias, ou, case mellor, viaxes, na súa longa e fecunda traxectoria que aprehende-la esencia do seu estilo supón entendelo desde a diversidade de significados e paisaxes. El mesmo sempre se declarou explorador dun son híbrido (evitando o termo fusión) no que se mesturan culturas e interveñen outras disciplinas artísticas como cine, danza e fotografía. Os motivos norteafricanos e dos pobos indíxenas de América teñen un papel importante na obra de Texier desde mediados dos noventa. A súa música, cambiante, sempre sólida e suxestiva, resulta nunha indefinición tan estimulante e rotunda como xenerosa que nos rodea de entusiasmo e lances engrandecedores.
- Henri Texier: contrabaixo
- Sèbastien Texier: saxo alto e clarinete
- Vincent Le Quang: saxo tenor e soprano
- François Corneloup: saxo barítono
- Gautier Garrigue: batería
18 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL