Huntertones

Huntertones feat. Shayna Steele
Huntertones era a banda instrumental máis potente da Universidade de Columbus, Ohio. Alí fixeran unión, tras unha masterclass sobre Art Blakey, o sousafonista e trompetista Jon Lampley, o trombonista e beatboxer Chris Ott e o saxofonista Dan White. No 2014, os tres amigos e varios compañeiros tomaron rumbo a Brooklyn. Desde entón, tódolos integrantes labran unha carreira de éxito en Nova York ao tempo que manteñen Huntertones nunha imparable escalada mundial. Os seus novos temas inspíranos xiras internacionais e encontros interculturais en América do Sur, Europa e África amais de experiencias musicais con diversos artistas; membros de Huntertones colaboraron con Stevie Wonder, Ed Sheeran, Ricky Martin, Jon Batiste, Snarky Puppy e moitos outros. Pola súa parte, Shayna Steele paraba en Biloxi —Mississippi—, a súa cidade natal, cando, no 2005, unha chamada completamente inesperada lle supón traballar con Moby, do que resulta «Raining Again», comezo dunha serie de colaboracións con persoeiros da música e o cinema e dunha ben sucedida carreira artística. Dada a coñecer por gravacións con Snarky Puppy, Moby, Rihanna e un ceo máis de estrelas, a voz de Shayna Steele executa un voo de transición perfecta sobre o soul, o blues, o gospel, un R&B moi retro e o jazz.
- Shayna Steele, voz
- Dan White, saxo tenor
- Chris Ott, trombón & beatbox
- Joshua Hill, guitarra
- Adam DeAscentis, baixo
- John Hubbell , batería
5 Novembro 23:00 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL