XXXI Festival de Jazz de Lugo, do 5 o 21 de novembro do 2021

Ignasi Terraza & Horacio Fumero

AIEnRUTa-Jazz
Martes 16 de Novembro
20:00 H
Casa do Saber USCEntrada gratuita. Reservas en cultura.lugo@usc.es

Ignasi Terraza Dúo

Ignasi Terraza, un dos pianistas de jazz máis destacados de España e con gran proxección internacional, dono dun swing e dunha capacidade de improvisación soberanos, e Horacio Fumero, contrabaixista do trío de Tete Montoliu durante vinte voltas da terra ao sol, levan tocando xuntos máis de trinta anos en diferentes agrupacións. Son dous músicos veteranos moi premiados, posuidores dunha importante discografía como líderes e como acompañantes.

A súa música reflicte un alto grao de complicidade que vai máis alá das notas: escenarios, viaxes, libros, cada un deles compartido. Dous bos amigos de toda a vida conversando, ás veces con palabras e nesta ocasión a través da arte de combina-los sons.

Harmonicamente falando...

  • Ignasi Terraza, piano
  • Horacio Fumero, contrabaixo

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL