cartel XXXII Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 20 de novembro do 2022

Immanuel Wilkins Quartet

Sábado 12 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190615.00 €

IMMANUEL WILKINS QUARTET

O saxofonista e compositor Immanuel Wilkins, de apenas vinte e catro anos, converteuse nunha das estrelas máis mediáticas de Blue Note. Autor do «mellor álbum de jazz» do 2020, Omega, segundo The New York Times, a súa música está chea de empatía e convicción, enlazando melodía e lamento con aderezados momentos de amplitude e respiración. O debut de Wilkins supuxo adicionalmente mostrar ó público o excepcional cuarteto con Micah Thomas ó piano, Daryl Johns ó baixo e Kweku Sumbry na batería. Unha engrenaxe perfecta que rota de novo no impresionante segundo álbum The 7th Hand, disco que consagra o seu enorme talento e que, de forma moito máis persoal, nos fala dun deses músicos tan americanos que crecen arroupados pola súa congregación relixiosa e expresan a través da música un sentido de transcendencia que os conecta co máis alá.

Igual que a doutros grandes do jazz, a carreira de Wilkins explícase por ter encontrado as persoas axeitadas no momento indicado. Neno prodixio capaz de desenvolverse co violín ós tres anos, interesouse polo saxo ós oito e ós doce aproveitou un deses trens que non acostuman pasar dúas veces: tocar na Sun Ra Arkestra convidado polo propio Marshall Allen. Desde entón, padriños tan influentes como Aaron Parks, Jason Moran e o mesmísimo Wynton Marsalis fixeron o posible para axudarlle a medrar tanto a nivel artístico como persoal.

  • Immanuel Wilkins: saxo alto
  • Micah Thomas: piano
  • Rick Rosato: contrabaixo
  • Kweku Sumbry: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL