XXVII Festival de Jazz de Lugo

INGRID JENSEN & CHRISTINE JENSEN QUINTET

Featuring BEN MONDER
Luns 13 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190610.00 €

INGRID JENSEN & CHRISTINE JENSEN QUINTET

Durante os últimos vinte anos, as irmás canadenses Ingrid e Christine Jensen desenvolveron unha intensa e prolífica carreira no jazz contemporáneo liderando cadanseus grupos, traballando con e compoñendo para grandes orquestras de todo o mundo. A trompetista Ingrid é unha das principais solistas da Maria Schneider Orchestra hai moito tempo insuperable en tódalas eleccións a mellor do ano nas categorías big band, compositores e arranxistas, alén de elixida polos críticos da revista Downbeat entre os tres mellores trompetistas do ano por diante de grandes figuras como Christian Scott, Wallace Roney e Roy Hargrove. Christine, desde Montreal, vense destacando cada vez máis como compositora arranxista á fronte da propia orquestra de dezanove compoñentes. Para a súa estrea no selo Whilrwind, as irmás Jensen cristalizaron un proxecto que ambicionaran levar a cabo durante longo tempo: escribir e actuar xuntas no ambiente máis íntimo dun quinteto combinando a súa confianza intuitiva de irmás coa creatividade dun xenio da guitarra como Ben Monder —para Pat Metheny, un dos grandes guitarristas do noso tempo— e que traballou con ampla variedade de músicos: Lee Konitz, Toots Thielemans, Paul Motian, a mencionada Maria Schneider e David Bowie, con quen gravou o seu derradeiro disco (Blackstar).

  • Ingrid Jensen: trompeta e efectos
  • Christine Jensen: saxos
  • Ben Monder: guitarra
  • Fraser Hollins: contrabaixo
  • Colin Stranahan: batería

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL