Javier Montero Jazz Band

Javier Montero Jazz Band (Canarias)
As composicións, todas propias, poderíanse enmarcar no estilo jazz fusión, se ben con claras influencias do jazz progresivo. A banda ofrece un son propio e orixinal que non corresponde a un subxénero determinado de jazz. Como primeiro paso, no 2007, decidiuse gravar un CD chamado ONDAS cuxo nome recordaba o do primeiro traballo realizado anos antes con Javier Montero liderando ó vibráfono. Esta vez á batería, o CD gravábase e mesturábase nos estudios III R, nas Palmas de Gran Canaria e masterizábase en Systems Two, Brooklyn, New York. O novo proxecto de gravación toma por nome Surgere (referido a espertar) facendo alusión ó retorno da banda á actividade no 2021. O repertorio do mesmo consta de nove temas totalmente orixinais, compostos e arranxados por Javier.
- Pablo Díaz: piano
- Santiago Miranda: guitarra
- Sebastián Gil: trompeta
- Jóse Carlos Cejudo: baixo eléctrico
- Javier Montero: batería
14 Novembro 20:00 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL