XXVIII Festival de Jazz de Lugo

Javier Navas Quartet

Martes 13 de Novembro
23:00 H
Club Clavicémbalo5.00 €

Javier Navas: vibráfono; Juan Galiardo: piano; Bori Albero: contrabaixo; Dani Domínguez: batería.

O cuarteto liderado por Javier Navas supón unha visita a un repertorio jazzístico auténtico e cheo de modernidade. O vibráfono de Javier desenvólvese nesta agrupación coas súas maiores doses de expresión e enerxía. Desde o ano 2014, Javier traballa cunha sección rítmica de contrastada calidade musical: Juan Galiardo (Jerry Bergonzi, Joe Magnarelli, Dick Oatts, Dave Santoro, Gregory Hutchinson) ao piano, Bori Albero (Chano Domínguez, Lee Konitz, Dado Moroni, Barry Harris) ao contrabaixo e Dani Domínguez (Jorge Pardo, Chano Domínguez, Perico Sambeat, Kase.O) á batería. O grupo creou unha linguaxe propia a través de máis de cen concertos nestes anos nos que interpretou un amplo repertorio da autoría de Javier Navas. Todo este traballo cristaliza de forma natural na edición do primeiro disco da formación, Finally in my hands (Ámbar Records, 2016), que obtivo unha excelente recepción de crítica e público. En xuño do 2018, o grupo gravou o segundo disco de estudio, Fresh start, novamente cun repertorio propio que, ademais de evolucionar cara a novas e máis complexas composicións, afonda no son propio que creou o cuarteto.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL