XXX Festival de Jazz de Lugo, do 1 o 15 de novembro do 2020

Jazz at Massey Hall Revisited: Charlie Parker Tribute

"The Quintet": Perico Sambeat, Voro García, Albert Sanz, Toño de Miguel e Stephen Keogh
Domingo 8 de Novembro
18:00 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €

Jazz at Massey Hall: Charlie Parker Tribute

Perico Sambeat (saxo alto), Voro García (trompeta), Albert Sanz (piano), Toño de Miguel (contrabaixo), Stephen Keogh (batería)

A morte de Charlie Parker en agosto do 1955 deixou o mundo orfo dun dos músicos máis xeniais de toda a historia. O seu concepto da composición, a súa intuición improvisando e a súa desbordante e innovadora técnica ao saxo alto cambiaron por completo o curso da música moderna a mediados dos anos corenta, cando el e o trompetista Dizzy Gillespie foron os principais responsables de dar forma a un estilo rompedor e fascinante chamado bebop. Charlie Parker naceu no 1920 en Kansas City, atopámonos, por tanto, no centenario do nacemento do xenio. Jazz At Massey Hall Revisited é unha homenaxe a Parker con esta ocasión, un quinteto que recrea o repertorio do mítico concerto dado polo de Parker e Gillespie no Massey Hall de Toronto o 15 de maio do 1953 e considerado o punto álxido do bebop ao mesmo tempo que canto do cisne do devandito estilo.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL