XXX Festival de Jazz de Lugo, do 1 o 15 de novembro do 2020

Jean Toussaint Quartet

Martes 10 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €
  • Jean Toussaint: saxo tenor
  • Antonio Mazzei: piano
  • Horacio Fumero: contrabaixo
  • David Xirgu: batería

Jean Toussaint naceu en Saint Thomas (Illas Virxes) no ano 1960 e axiña se trasladou a Nova York. A finais dos anos setenta estudou no prestixioso Berklee College of Music e comezou a tocar xunto con Wallace Roney. Desde 1982 ata 1986 fixo parte de Art Blakey and The Jazz Messengers, agrupación das esenciais na historia do jazz conducida por un dos mellores baterías de tódolos tempos. Nos Messengers compartiu xiras e gravacións con Terence Blanchard, Lonnie Plaxico, Donald Harrison, Mulgrew Miller e outros grandes músicos. Desde entón protagoniza unha importante carreira na cal é líder de bandas propias á vez que chamado para actuar con históricos da magnitude de McCoy Tyner, Gil Evans, Max Roach, Horace Silver e Cedar Walton. Toussaint faise coñecer por un son poderoso que une á riqueza do seu fraseo e á orixinalidade nas creacións. Demóstrase pois músico singular e actual ademais de respectuoso coa tradición do jazz moderno. Editou máis de dez álbums como líder.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL