XXVI Festival de Jazz de Lugo

Jeremy Pelt New Quintet

Mércores 16 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190610.00 €
  • Jeremy Pelt: trompeta
  • Victor Gould: piano
  • Vicente Archer: contrabaixo
  • Jonathan Barber: batería
  • Jacqueline Acevedo: percusión

Jeremy Pelt, trompetista novo pero preeminente dentro do mundo do jazz, forxa un vínculo coa Mingus Big Band desde moi cedo e vaino estreitando a medida que avanza profesionalmente. Constrúe o éxito da súa carreira sobre estas relacións e moitas outras que eventualmente conducen a colaboracións con algúns dos máis grandes mestres do xénero. O devandito inclúe actuacións e gravacións con Cliff Barbaro, Keter Betts, Bobby Blue Bland, Ravi Coltrane, Frank Foster, Winard Harper, Jimmy Heath, Vincent Herring, John Hicks, Charli Persip, Ralph Peterson, Lonnie Plaxico, Bobby Short, Cedar Walton, Frank Wess, Nancy Wilson e The Skatalites, por nomear uns cantos deses mestres. Pelt toca asiduamente con formacións notables como a Roy Hargrove Big Band, The Village Vanguard Orchestra e a Duke Ellington Big Band e é membro do Lewis Nash Septet e de The Cannonball Adderley Legacy Band con Louis Hayes. Como líder, Pelt gravou 11 álbums e fixo xiras a nivel mundial cos seus diversos conxuntos ofrecendo concertos en numerosos festivais de jazz e salas dos máis importantes. As gravacións e actuacións de Pelt gañáronlle eloxios da crítica tanto a nivel nacional como internacional, sen ir máis lonxe, os que lle dedicou, no Wall Street Journal, o lendario crítico de jazz e produtor Nat Hentoff. Foi, ademais, votado Rising Star da trompeta cinco anos consecutivos por Downbeat Magazine e a Jazz Journalist Association.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL