XXVI Festival de Jazz de Lugo

Jonathan Kreisberg Quartet

Luns 14 de Novembro
21:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190610.00 €
  • Jonathan Kreisberg: guitarra
  • David Kikoski: piano
  • Dave Robaire: contrabaixo
  • Colin Stranahan: batería

O guitarrista neoiorquino Jonathan Kreisberg converteuse nun referente entre os compositores e intérpretes do jazz actual. Con 10 anos comezou a toca-la guitarra e con só 16 foi admitido na New World School of The Arts, sendo un dos alumnos máis novos da prestixiosa escola norteamericana. Sideman desde moi mozo de músicos como Red Rodney e os desaparecidos Joe Henderson e Michael Brecker, Kreisberg é, hoxe en día, un dos guitarristas máis solicitados da súa cidade, Nova York. Tocou en bandas dos magnos do jazz como Lee Konitz, Joe Locke, Dr. Lonnie Smith, Joel Frahm, Greg Tardy, Lenny White, Roy Nathanson, Donald Edwards, Jane Monheit e Ari Hoenig. Admirador tanto de John Coltrane como de Joaquín Rodrigo, Kreisberg está considerado un dos grandes virtuosos do instrumento de seis cordas; un xenio que, amais de atesourar unha técnica depurada, crea un discurso enerxético e sedutor que bebe tanto das fontes clásicas do bop como da escena que revolucionou a cidade dos rañaceos durante a década de 1990. Estamos ante un músico portentoso que engade ao seu trío de primeira a participación dun pianista monumental, Dave Kikoski, asiduo da Mingus Big Band e en nómina de Roy Haynes, Randy Brecker, Bob Berg e Billy Hart, alén de ser integrante dos explosivos Opus 5.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL