Julian Lage Trio

Julian Lage Trio
Algúns críticos empregaron comparativas de superioridade para referirse a Lage e a lendas da guitarra jazz como Bill Frisell, John Scofield e Pat Metheny. Lage permanece honesto e humilde cando reacciona a tales comparacións: «esas personas son mis héroes y trato de mantener todo en perspectiva». Considerado un dos guitarristas prodixiosos da súa xeración e pertencente á «máis alta categoría de músicos improvisadores» (segundo The New Yorker), Julián Lage dedicou máis dunha década a investiga-la enorme cantidade de cepas nas liñaxes do pasado musical estadounidense mediante unha técnica impecable: a libre asociación nun espírito dotado de infinitas posibilidades. Aínda que só ten trinta e tres anos, o músico nacido en California e radicado en Nova York dispón dun currículo longo e prolífico en calidade de líder, acompañante (xunto de iconas como Gary Burton, John Zorn e Charles Lloyd) e socio de dúo (con Nels Cline, Chris Eldridge e Fred Hersch entre outros). Tras media ducia de álbums ao seu nome, no 2020 gravou a súa estrea de frontman para Blue Note Records. O guitarrista reflexionou sobre a historia do selo e a forma en que a propia música se conectaba con el. O froito é Squint, un novo álbum sorprendente que combina a composición expresiva e incisiva coa profunda interacción entre músicos que Lage perfeccionou os últimos anos canda os habituais tríos.
- Julian Lage, guitarra
- Jorge Roeder, contrabaixo
- Kenny Wollesen, batería
18 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL