XXIX Festival de Jazz de Lugo, do 9 ao 16 de novembro do 2019

Karrin Allyson

Quartet
Martes 12 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €
  • Karrin Allyson: voz e piano
  • Miro Sprague: piano e Rhodes
  • Marty Jaffe: contrabaixo
  • Daniel Schnelle: batería

Karrin Allyson

En cada un dos seus quince álbums, Karrin Allyson, cinco veces nomeada para os Grammy como mellor vocalista de jazz, amosou unha insólita habilidade para introducirse emocional e musicalmente nas cancións, para, interpretando, convertelas en maxia.

«Desde o seu impresionante primeiro disco I Didn’t Know About You (Concord, 1992), Karrin Allyson foi tomando material tanto do pop como do jazz, e sempre funciona grazas á súa doce voz rota e á súa sensibilidade rítmica» (Roger Crane, The International Review of Music). Stephen Holden, nun artigo para o New York Times tras un concerto, describiu a Allyson como unha das cantantes mellor preparadas da actualidade.

Agora, co último álbum editado hai un ano, Karrin enfróntase a un novo papel, o de compositora, e revela trece temas do trinque cunha excepcional variedade de estilos e de estados de ánimo. Na compaña de Chris Caswell —recoñecido produtor anxelino— e da súa exquisita banda —que inclúe a participación estelar de Regina Carter ao violín e o maxisterio de Houston Person no saxo tenor—, Karrin Allyson vén de producir un disco cheo de praceres inesperados como a colaboración do superbaixista Lee Sklar.

«Dalgunha maneira, síntome coma cando volves á casa», di Allyson. «Cando empecei na música, incluso antes de descubri-lo jazz, escribía cancións para diferentes xéneros. Amaba os cantautores da miña xuventude e deixábame levar pola súa influencia. Agora, tras anos de interpretar tódolos tipos de jazz posibles, música brasileira e francesa…, volvo ao lugar onde comecei».

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL