cartel XXXII Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 20 de novembro do 2022

Kathrine Windfeld Big Band

Domingo 20 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190615.00 €

Kathrine Windfeld Big Band

O outorgamento do Letter One Rising Stars Jazz Award (Londres, 2020) suscitou interese internacional por unha traxectoria que medrou gradualmente ata volverse movemento imparable. Eloxiada pola crítica sueca e danesa con entusiasmo reservado ós acontecementos inusuais, a súa sona como compositora, arranxista e directora de grandes formacións está chamada a propagarse e conquistar continentes enteiros nos próximos anos. A principios do 2014 en Copenhague, creou a Kathrine Windfeld Big Band, que integran quince músicos escandinavos xoves e brillantes. Esta orquestra foi descuberta de inmediato no renomeado The Standard Jazz Club (Copenhague), alí ofrecéuselle un concerto semanal, o que xerou excelentes críticas nos principais periódicos daneses durante o seu primeiro ano de existencia. O primeiro álbum da banda, titulado AIRCRAFT (2015), foi triplamente nomeado para os premios Danish Jazz Grammy e gañou o premio artista novo do ano; o segundo, LATENCY (2017), e terceiro, ORCA (2020), lanzados e distribuídos en todo o planeta polo selo exclusivo Stunt Records e obtiveron unha gran resposta por parte da crítica internacional. O cuarto álbum, de nome DETERMINATION, con música escrita especialmente para a big band sueca Bohuslän, viu a luz en outubro do 2021. Windfeld actuou en prestixiosas salas — por exemplo Ronnie Scott's en Londres, Gothenburg Concert Hall en Suecia e Jazzhus Montmartre en Dinamarca— e festivais —Festival de Jazz de Vitoria en España, Reykjavíc Jazz Festival en Islandia, Leopolis Jazz Fest en Ucraína e SESC Jazz São Paulo en Brasil...—. Ademais de facer xiras coa propia big band e sexteto, recibe invitacións en calidade de compositora/directora de orquestra das seguintes: Frankfurt Radio Big Band (DE), Bohuslän Big Band (SE), Espoo Big Band (FI) y Danish Radio Bigband (DK).

KATHRINE WINDFELD BIG BAND

Kathrine Windfeld (piano, composicións e arranxos) (DK)

TROMPETAS: André Bak (DK,) Rolf Thofte Løkke (DK) e Magnus Oseth (NO)

TROMBÓNS: Göran Abelli (SE), Tobias Stavngaard e Kevin Christensen

SAXOS: Jakob Lundbak (DK), Magnus Thuelund (DK), Roald Elm Larsen (DK), Ida Karlsson (SE) e Aske Drasbæk (DK)

SECCIÓN RÍTMICA: Viktor Sandström (guitarra, SE), Johannes Vaht (baixo, SE) e Henrik Holst Hansen (batería, DK)

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL