Kenny Garrett Quintet

Kenny Garrett Quintet
No transcurso dunha carreira estelar que superou os trinta anos de duración, Kenny Garrett converteuse, sen dúbida, no saxofonista alto máis relevante da súa xeración. Merecedor no 2010 dun Grammy ao mellor álbum de jazz instrumental e cinco veces nomeado para os premios, foi investido no 2011 doutor honoris causa polo Berklee College of Music. Desde o seu primeiro concerto coa Duke Ellington Orchestra, ao longo de toda a súa vida profesional, compartida con músicos como Freddie Hubbard, Woody Shaw, Art Blakey & The Jazz Messengers e Miles Davis, Garrett mantívose en posesión dun son característico independente do contexto musical en cada momento. Compositor e líder da propia banda, non deixa de mellorar; co selo Mack Avenue edita no 2001 o último disco do que se ten noticia ata agora, Sounds from the Ancestors.
- Kenny Garrett, saxos
- Vernell Brown, piano
- Corcoran Holt, contrabaixo
- Ronald Bruner, batería
- Rudy Bird, percusión
17 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL