XXVIII Festival de Jazz de Lugo

Kike Mora Band Vs. MARCUS MILLER

concerto 1906
Sábado 17 de Novembro
23:30 H
Club Clavicémbalo10 € (Entrada para os dous concertos)

Kike Mora: baixo; Kike Gutman: saxo; Ibon Jordán: batería; Mikel Núñez Lauzirika: teclados.

O músico, compositor e produtor bilbaíno Kike Mora interpretará a música do famoso baixista neoiorquino Marcus Miller. Kike Mora conta cunha dilatada traxectoria como baixista, contrabaixista e guitarrista. Formou parte do conxunto de Kepa Junkera durante sete anos. Colaborou no dobre CD en directo K, galardoado cun Grammy Latino al Mejor Álbum Folk e en Hiri, Premios de la Música 2007. Tomou parte en xiras internacionais por Normandía, Portugal, Marrocos, Italia, Croacia, Brasil, Grecia, Alemaña, Bélxica, Holanda, Canadá, Estados Unidos, Malaisia, etc. É, ademais, produtor e arranxista, no propio estudio de gravación, KMT, onde firmou máis de cincuenta traballos para diferentes grupos e artistas.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL