XXIX Festival de Jazz de Lugo, do 9 ao 16 de novembro do 2019

Larry Goldings, Peter Bernstein & Bill Stewart

Venres 15 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190612.00 €
  • Peter Bernstein: guitarra
  • Larry Goldings: órgano
  • Bill Stewart: batería

A mediados dos noventa, o New York Times definiu o encontro entre Larry Goldings, Peter Bernstein e Bill Stewart como o mellor trío de órgano da década. Anos despois a formación reactívase nunha exuberancia de complicidade e, xa situada no panorama actual, o Jazz Times considéraa unha das máis rutilantes. Tódolos compoñentes traballaron con outros xenios á súa altura: o organista Larry Goldings colaborou con Jim Hall, Pat Metheny, Maceo Parker e John Scofield; o guitarrista Peter Bernstein con Jimmy Cobb, Sonny Rollins e Brad Mehldau; o batería Bill Stewart con Michael Brecker, Lee Konitz, Joshua Redman... Forman o trío de órgano por excelencia, por virtuosismo e por traxectoria. En tres décadas a banda gravou unha ducia de álbums mestres que amosan o carácter excelso das contribucións de cada membro ao conxunto. Incontestable, así mesmo, o seu talento individual en canto líderes de grupos de proxección mundial. Nesta xira interpretarán composicións do novo álbum, Toy Tunes, e do seu intenso repertorio precedente, incluíndo standards deliciosamente desconstruídos. Un motivo de celebración coa fondura do bebop e a suavidade propia da balada, todo aderezado con toques de funk xenuíno.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL