Los Hot Chocolates

A medio camiño entre o tradicional conxunto de dixieland e as grandes big bands da era do swing, Los Hot Chocolates comeza a xestarse durante o verán do 2013 xuntando a vellos coñecidos da escena musical coruñesa. Cun espectáculo eminentemente festivo, os concertos dos Chocolates caracterízanse por transmiti-la alegría e positivismo do jazz tradicional e a diversión do baile swing. A sólida base rítmica a cargo de Juan Tinaquero (contrabaixo), Luis Tinaquero (guitarra), Iago Mouriño (piano) e Santi Roma (batería e táboa de lavar) sostén a unha potente sección de ventos formada por Santi González (saxofón tenor), Pablo Añón (saxofón alto), Víctor Sánchez (clarinete), Nando González ( trompeta) e Diego Rodríguez (trombón solista), todo isto dulcificado polas voces de Marian Ledesma e Miguel Ladrón de Guevara. ¡Diversión asegurada! Ao longo destes tres anos tiveron unha grande acollida por parte do público en tódolos seus concertos. Ademais, participaron no Festival +Q Jazz da sala Garufa Club, no Festival de Jazz de Lugo e no ciclo de concertos 1906 Estrella Galicia entre moitos outros. Neste momento xa contan co seu primeiro disco, Warm up.
- Santi González: saxo tenor
- Nando González: trompeta
- Pablo Añón: saxo alto
- Víctor Sánchez: clarinete
- Diego Rodríguez: trombón
- Luis Tinaquero: guitarra
- Juan Tinaquero: contrabaixo
- Cabe García: banjo
- Santi Roma: batería
- Iago Mouriño: piano
- Marian Ledesma: voz
- Miguel Ladrón de Guevara: voz
19 Novembro 13:00 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL