XXX Festival de Jazz de Lugo, do 1 o 15 de novembro do 2020

Lucía Rey Trío

AIEnRUTa Jazz
Xoves 12 de Novembro
20:30 H
Casa do Saber USCEntrada gratuita - reserva en cultura.lugo@usc.es
  • Lucía Rey: piano
  • Michael Olivera: batería
  • Ander García: contrabaixo

Presentará Reflexión, o seu primeiro traballo. Lucía Rey é unha artista polifacética, pianista e compositora, saída do Conservatorio Superior de Madrid e especializada en música moderna, piano latino e jazz. En Cuba e máis tarde en Nova York, estudou con profesores como Bruce Barth, Barry Harris e Bob Quaranta e traballou como pianista en diferentes proxectos. Actualmente lidera formación propia coa que gravou o seu primeiro traballo, titulado Reflexión, no que descubrimos creacións destacables polo seu ritmo, sutileza, paixón e maxia xunto a unha sensibilidade mestiza que comprende xéneros e fontes de inspiración de moi variada procedencia (flamenco, latin jazz, música clásica, blues).

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL